InicioEconomíaO tráfico de madeira aumentou un 150% no porto de Ribadeo e...

O tráfico de madeira aumentou un 150% no porto de Ribadeo e un 135% no de Burela

Segundo un informe da Xunta, os peiraos mariñaos de titularidade autonómica moveron 39.000 toneladas ata abril, polas 15.700 dos primeiros cinco meses do 2018

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia expuxo este venres os resultados dun informe de xestión elaborado polo ente público ao peche do mes de abril. Segundo o estudo, os que os portos de titularidade autonómica da comarca da Mariña Lucense, Burela e Ribadeo, consolidaron durante os cinco primeiros meses do ano a recuperación dos tráficos de madeira en bruto.

Segundo expón o Goberno galego, o peirao de Mirasol rexistrou entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril un movemento total de mercadorías de 175.000 toneladas, das que 141.000 corresponden a pasta de papel e 20.000 a madeira en bruto, os xéneros máis destacados.

MIRASOL TRIPLICA O VOLUME

En total, o porto de Ribadeo rexistrou unha suba interanual do 4,5% no tráfico de mercadorías nos cinco primeiros meses do ano. Esta porcentaxe, explica a Xunta, “aumentou de xeito moi reseñable no que ao tráfico de madeira en bruto se refire, que subiu un 150% interanual, pasando de 7.700 ao peche de abril de 2018 a 20.000 á mesma data deste ano”.

BURELA, DE 8.000 A 19.000 TONELADAS

En Burela, o peirao moveu nos primeiros cinco meses do ano 19.000 toneladas desta materia prima, o que supón unha suba do 135% respecto ao mesmo período do ano anterior. En termos netos, o tráfico de madeira en Burela pasou de 8.000 a 19.000 toneladas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...