IniciosociedadeTouriñán pregoará a Feira de Artesanía dos Muíños

Touriñán pregoará a Feira de Artesanía dos Muíños

O cómico animará a quinta edición do encontro, que se celebrará o 27 de xullo e que xuntará a artesáns locais e da comarca no singular barrio de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán será o pregoeiro da Feira de Artesanía dos Muíños que se vai celebrar en Mondoñedo o sábado 27 de xullo. A alcaldesa en funcións, a popular Elena Candia, agradece a boa disposición do humorista, que xa se ten convertido “nun embaixador da nosa cidade”.

O recoñecido cómico xa estivo en Mondoñedo noutras ocasións. En concreto, participou nun percorrido que organizou o goberno local para celebrar a declaración do Camiño Norte como Patrimonio Mundial. Tamén visitou a Catedral e as Covas do Rei Cintolo. Ademais, actuou na cidade episcopal, na que ofreceu un monólogo.

BARRIO EMBLEMÁTICO

A Asociación de Artesanía Os Muíños organiza a Feira en colaboración co Concello de Mondoñedo. Elena Candia afirma que o evento servirá para promocionar os seus produtos, os seus oficios e o barrio en xeral, “un lugar emblemático da cidade de Mondoñedo que seguimos a rehabilitar e potenciar”.

No barrio dos Muíños consérvase un alfar, un taller de cantería, outro de títeres, un estudo de serigrafía e un taller de ferro; de xeito que, sinala Candia, “convértese nun espazo único no que se conserva vivo o espírito do seu pasado artesanal a través de diversas actividades económicas”.

Presentación da feira. AXM

INSCRICIÓNS ABERTAS

A Feira de Artesanía dos Muíños, que cumprirá a súa quinta edición, é un encontro entre artesáns achegados da localidade e das comarcas veciñas para mostrar o súa labor no sector.

Igual que noutras edicións as prazas son limitadas, polo que xa está aberto o prazo de inscrición, que se estenderá ata o 15 de xullo. Só se permitirá a exposición e venda de pezas artesanais e produtos locais. Os postos son gratuítos e a montaxe corre por conta dos organizadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...