IniciosociedadeA burelá Inma Lorenzo, elixida por Expansión entre as dez mellores promesas...

A burelá Inma Lorenzo, elixida por Expansión entre as dez mellores promesas da avogacía en España

A letrada mariñá, que traballa para Hogan Lovells, será candidata ao premio que outorga cada ano o diario económico

Publicada o

- Advertisement -

A avogada natural de Burela Inmaculada Lorenzo foi elixida entre os dez letrados máis prometedores de España polo xornal económico Expansión.

O diario escolle cada ano dez finalistas para o seu premio ao mellor avogado novo, para profesionais menores de 35 anos.

Lorenzo, que traballa para Hogan Lovells, cumpre segundo a publicación os requisitos que deben demostrar os candidatos.

“COMPROMISO ÉTICO”

Son a “excelencia na súa profesión, así como logros na súa carreira profesional e un gran compromiso ético co oficio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...