Paz Rodríguez Silva será a primeira xuíza de paz da historia de Cervo, despois de relevar no cargo a Antonio Rouco Basanta, que exerceu durante case dúas décadas.
Ao acto de toma de posesión do cargo asistiron a secretaria do Concello, María del Mar Otero Rivas, e o alcalde cervense en funcións, o popular Alfonso Villares.
Villares quixo “darlle as grazas a unha persoa recoñecida pola súa honestidade e templanza, un gran coñecedor da historia do Concello e dos seus veciños, e que desenvolveu o seu traballo nestes 18 anos con total dedicación, entrega e discreción”.
Así mesmo, subliñou de Rodríguez Silva que “goza de todas as capacidades e cualidades necesarias para levar a cabo esta tarefa con total solvencia”.
IMPLICACIÓN SOCIAL
A nova xuíza de paz de Cervo, mestra de profesión, é coñecida pola súa implicación no tecido asociativo municipal, especialmente a través do teatro. Tamén colaborou en varias investigacións e publicacións sobre a historia do concello.