IniciosociedadeO Taco de Costela da Mirandilla, premio do público do Ribadeo de...

O Taco de Costela da Mirandilla, premio do público do Ribadeo de Tapeo

O Bar Queimada levou o galardón á mellor barra da décimo cuarta edición do concurso

Publicada o

- Advertisement -

O Taco de Costela de Porco do restaurante A Mirandilla, de Rinlo, foi elixida como a mellor tapa para o público que acudiu ao Ribadeo de Tapeo 2019. O premio á mellor barra foi para o bar Queimada.

A entrega de premios será o vindeiro mércores, ás 17.30 horas no consistorio. El Oviedo gañou o certame do xurado profesional. No acto de entrega participarán o alcalde en funcións, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez.

Tamén recibirán mañá os premios os clientes que depositaron as súas tarxetas nas furnas instaladas nos locais participantes, así como os que fixeron as Rutas Tapeo 16 e Tapeo Express.

CLIENTES PREMIADOS

Olga Lamas, de Ribadeo; José María Ares, de Barreiros, Rubén Blanco Cancio, tamén ribadense; e Sara Torviso, de Tapia de Casariego, resultaron gañadores na zona 1.

Na zona 2, os premiados son María Jesús González Llenderrozos, de Ribadeo, e Lara Miranda, Lucio Guillermo López e Leticia Gamallo, tamén ribadenses.

Na zona 3, obtiveron premio Saray Murias, de Vegadeo, e Ana Belinda Sanjurjo, Miguel Ángel Fuente Rego e Rosario Vivas Blanco, estes tres últimos de Ribadeo.

Sonia López Vilar, de Ribadeo; Rafael Montoro, de Foz; e os tamén ribadenses Rocío Díaz Robledo e Antonio Reimundo resultaron premiados na zona 4.

Na ruta Tapeo 16, os clientes gañadores foron Miguel Barcia García, de Vegadeo; Jorge Pereira e Gemma Prieto Legazpi, de Ribadeo; e Fernando Pérez Méndez, de Tapia.

Por último, na ruta Tapeo Express, Carolina Campos (A Coruña) foi a gañadora do premio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...