IniciosociedadeA Xunta mellorará con 350.000 euros o albergue xuvenil de Area

A Xunta mellorará con 350.000 euros o albergue xuvenil de Area

Política Social tamén prevé investir 160.000 euros no acondicionamento da residencia de Burela e outros 120.000 no campamento da mocidade da Devesa

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia investirá máis de 600.000 euros en melloras na residencia de maiores de Burela, no albergue xuvenil de Area, en Viveiro, e no campamento xuvenil da Devesa, en Ribadeo.

Segundo expón o Goberno galego, as actuacións forman parte do plan de obras da Consellería de Política Social, que ten como finalidade aumentar o confort e benestar das persoas usuarias dos centros públicos de servizos sociais, así como incrementar a eficiencia enerxética dos mesmos.

A actuación de maior contía corresponde á renovación da fachada, cuberta e habitacións do albergue xuvenil de Area, en Viveiro. Para esta obra o orzamento será de 350.000 euros.

Así mesmo, na mellora da envolvente da residencia de maiores de Burela investiranse 160.000 euros.

Por último, no tocante ao campamento xuvenil da Devesa, en Ribadeo, financiarase con 120.000 euros a substitución da fontanería da instalación.

OUTRAS ACTUACIÓNS NA PROVINCIA

En total serán sete os servizos dependentes da Consellería de Política Social na provincia de Lugo que se beneficiarán deste plan de obras.

Ademais dos citados anteriormente, tamén se acometerá unha reforma integral no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria; renovarase a residencia de maiores de Monforte de Lemos; realizarase unha reforma integral do Centro de Menores de Santo Anxo da Garda e poñerase en marcha un plan de renovación das instalación dos centros sociocomunitarios da provincia. O Goberno galego investirá nestas actuacións 2,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...