Iniciosociedade'Miguel' activará este xoves a alerta laranxa por temporal costeiro e a...

‘Miguel’ activará este xoves a alerta laranxa por temporal costeiro e a amarela por vento na Mariña

Os efectos da cicloxénese explosiva comezarán a notarse a partir da primeira hora da tarde, e durarán ata a madrugada

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia decretou que desde o vindeiro xoves quedará activa a alerta laranxa por temporal costeiro e a amarela por vento na Mariña Lucense, por mor da cicloxénese explosiva ‘Miguel‘.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará sobre as dez da mañá no oeste e suroeste da Coruña e na costa da provincia de Pontevedra.

Xa en torno ao mediodía, sinala a nota, extenderase tamén ao noroeste da Coruña e a primeira hora da tarde chegará ao litoral lucense. Agárdanse ventos de forza 8 ou 9 e mar combinada con ondas de entre catro e sete metros.

Cronoloxía de alerta. AXM

Ademais, agárdanse refachos de vento do suroeste en toda a comarca, tamén no interior mariñao, superiores aos 80 quilómetros por hora.

A costa do Occidente asturiano tamén permanecerá en alerta laranxa por temporal costeiro e en aviso amarelo por ventos. Os efectos da borrasca comezarán a notarse, ao igual que na Mariña Lucense, a partir de primeira hora da tarde, e continuarán ata a madrugada.

CONSELLOS

A Xunta recomenda evitar as actividades no exterior, así como aproximarse a diques ou rompentes co obxecto de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou cousas. Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...