O colectivo Iniciativa pol Asturianu animou este luns a os concelleiros e alcaldes do Occidente de Asturias a usar o galego-asturiano no xuramento ou promesa da toma de posesión dos seus cargos.
A iniciativa enmárcase nunha petición aos 928 edís e 78 alcaldes dos municipios do Principado de que usen as linguas propias -o asturiano, ou no galego-asturiano na súa zona- no acto institucional.
“Este xesto simbólico é unha boa forma de comezar os mandatos das corporacións, tendo presente as linguas propias de Asturias”, sostivo a agrupación a través dunha nota de prensa.
O colectivo lembra que a lexislatura “é un bo momento para poñer en práctica unha das ferramentas máis útiles e sinxelas de darlle promoción ao idioma, usalo de xeito normal por parte dos representantes públicos“.
NORMALIZACIÓN
Este xesto, argumenta o colectivo, “ten que acompañarse desde o primeiro día con medidas e iniciativas enfocadas a mellorar a situación do asturiano e o galego-asturiano no ámbito municipal, onde é necesario usar as linguas, recuperar e oficializar a toponimia tradicional, aprobar ordenanzas de normalización ou poñelas en marcha alí onde existen”, conclúe.