EFE. A Axencia Galega de Infraestruturas, da Xunta de Galicia, iniciou este martes en Merille as obras de mellora na estrada autonómica LU-540, que comunica o enlace da AG-64, a autovía Ferrol-Vilalba, coa Mariña Lucense e é unha das principais arterias de comunicación entre a costa e o interior da provincia.
As obras nesta estrada autonómica que vai de Cabreiros, no concello de Xermade, ata Viveiro, prolongaranse ata o venres, en horario diurno, que o que obrigará a realizar cortes parciais na vía entre os quilómetros 10 e 19, onde se concentrarán os traballos de mellora do firme.
Segundo informou a Xunta, as obras comezaron este martes na localidade de Merille, no municipio de Ourol. O tráfico circulará de forma alternativa polo carril que non se vexa afectado polas mesmas, polo que se utilizarán semáforos que regularán o paso.
CONEXIÓN DA COMARCA CO INTERIOR
En principio, está previsto que as obras na coñecida como a carretera da Gañidoira -dado que pasad polo alto do mesmo nome no municipio de Muras, unhas das principais vías de comunicación desde o centro da provincia coa parte occidental da Mariña, queden finalizadas o venres.
En todo caso, a Xunta avisa de que a execución dos traballos estará condicionada polas condicións climatolóxicas, dado que as operacións de reforzo do firme “deben realizarse con tempo seco para garantir a súa calidade e durabilidade”.