IniciosociedadeA Xunta reduciu de 19 a oito os socorristas para Barreiros

A Xunta reduciu de 19 a oito os socorristas para Barreiros

Burela perde dous socorristas e augura dificultades para cubrir a demanda mentras o alcalde de Ribadeo carga sobre o goberno galego a responsabilidade "se pasa algo este verán"

Publicada o

- Advertisement -

Arrecian as críticas contra a Xunta de Galicia pola redución das axudas ao servizo de socorrismo para as praias da Mariña Lucense.

O goberno galego incentivará a contratación de oito profesionais para os areais de Barreiros, fronte aos dezanove do ano pasado. O alcalde en funcións, Alfonso Fuente Parga, confirmou que este mércores solicitara ao goberno galego a subvención ofrecida, que considera insuficiente.

“Barreiros é un concello eminentemente turístico no que fan falta entre 20 e 21 socorristas”, mantivo o rexedor, que podería ceder a alcaldía ao BNG o vindeiro sábado. O popular asegurou que “lle mostrara o seu malestar a Xunta de Galicia” pero delegou no “próximo executivo de Barreiros” a convocatoria da oferta de emprego para cubrir as outras doce prazas que estima “necesarias” con fondos propios.

Na mañá deste xoves, a candidata nacionalista á alcaldía, Ana Ermida, puxo en dúbida que a solicitude se formalizase en tempo e forma o que, dixo, “sitúa o servizo de socorrismo nun punto moi complicado”

DE DEZ A OITO SOCORRISTAS EN BURELA

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, sumouse este xoves  ás críticas á redución de axudas por parte do goberno galego.

O rexedor adiantou que o concello contratará dez socorristas para atender os areais do municipio -entre eles, A Marosa e Ril, con bandeira azul- durante dous meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Oito financiaranse con achegas autonómico, dous menos que o ano paso, e os dous con fondos da Deputación de Lugo. “Como sabemos que a Xunta non nos dá os socorristas que necesitamos, acudimos ao Plan Único para contratar dous máis”, expuxo o rexedor.

Llano criticou a merma das achegas por parte do goberno “en número e en tempo” e augurou dificultaldes para cubrir a demanda. “Os rapaces estaban contentos cos contratos de tres meses pero, agora, ao ser dous procuran outros traballos de máis rendibilidade, máis estabilidade e máis cartos”.

“Non se pode dicir por un lado que se quere o turismo e por outro limitar os medios para que os turistas poidan vir e ter garantida a seguridade nas praias”, criticou o socialista.

“SE PASA ALGO,  A RESPONSABILIDADE SERÁ DA XUNTA”

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, que xa este mércores calificaba de “miseria” os oito socorristas que financia a Xunta fronte aos dezaoito precisos, subiu o ton das críticas. “Como pase algo neste verán, non será culpa dos concellos. A responsabilidade sobre a protección das vidas será da Xunta e dos miopes que defenden ese xeito de proceder”.

O rexedor culpou ao goberno galego das dificultades dos municipios para contratar profesionais. O nacionalista considera “excesivas” as esixencias que se estableceron nos últimos anos para acceder á titulación.

“Mentres isto ocorre en Galicia vexo como os nosos veciños asturianos non teñen este problema, garantindo un servizo adecuado en canto a número e calidade do seu persoal”, comparou.

RESPOSTA DA XUNTA

Súarez Barcia formulou as críticas nunha carta enviada á Xunta de Galicia o pasado 12 de xuño. A delegación territorial respondeu demanda este xoves con outra misiva, facililitada aos medios, na que insta ao concello ribadense a solicitar os cursos de socorrismo para persoas desempregadas que financia a Consellería de Economía e Facenda.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...