IniciosociedadeA Mariña honrará o sábado ao Gardarríos e Antonia Díaz e aos...

A Mariña honrará o sábado ao Gardarríos e Antonia Díaz e aos veciños que colaboraron con eles

Actos en Mondoñedo e Lourenzá servirán para recoñecer aos centos de persoas que axudaron aos guerrilleiros antifranquistas nas zonas da Costa de Lugo, a Terra Chá ou o Eo-Navia

Publicada o

- Advertisement -

As localidades de Mondoñedo e Lourenzá acollerán o vindeiro sábado, 22 de xuño, unha homenaxe a Luis Trigo Chao “O Gardarríos”, coincidindo co 71 aniversario do seu asasinato, acontecido o 25 de xuño de 1948 en Vilanova. A intención da comisión popular que organiza o evento, Memoria da Mariña, é “deixar testemuño da entrega á loita pola democracia” tanto de Trigo como da súa compañeira, Antonia Díaz Pérez, e “de todas aquelas persoas que na súa condición de enlaces axudaron e asumiron riscos derivados de se enfrontar á ditadura”.

O programa de actos do 22 de xuño comezará cunha mesa redonda sobre a figura de Trigo que se celebrará a partir das 12.00 da maña na casa da xuventude de Mondoñedo, no que participarán diversas persoas estudosas da súa vida.

A xornada terá continuidade a partir das 17.30 horas, no cemiterio de Vilanova de Lourenzá, concretamente a carón do monólito erguido o ano pasado na súa lembranza.

A seguir desenvolverase un espectáculo poético musical no que tomarán parte diversos poetas da Mariña e doutros lugares de Galicia, así como músicos como laurentino Lino Rico. Ao tempo, durante os actos tomarán a palabra Francisco Martínez López “Quico”, veterano da guerrilla antifranquista, e Fernanda Cedrón Trigo, neta maior do Gardarríos e destacada activista da causa da memoria histórica.

COLABORADORES

“Unha mención especial”, indica Xosé Luís Fernández Rivera, da organización, merecen “os centos de persoas que en toda a comarca da Mariña pero tamén nas Terra Chá, A Corda ou as terras do Eo-Navia lle prestaron a súa colaboración a Trigo e Díaz. Neste sentido queremos que a xornada de homenaxe teñan unha especial lembranza para todas elas”, indica.

“Só en Vilanova e Mondoñedo”, continúa Fernández Rivera, “foron procesadas após a súa morte Francisco Fernández Piñeiro “Paco de Cora”, Ramón Ventoso Rodríguez, Remedios Ron, Pablo Maseda, Amalio Gómez, Candido Coira, Encarnación Valea, Gerardo Redondo ou Francisco López“.

Tamén “Xosé María Alonso, Francisco Basanta, Francisco Fernández, Candido Cortiñas, Xosé Freire, Xosé María Gómez Agrelo, Juan Miranda, Antonio Rego, Antonio Rodríguez, Eulogio Vidal, Juan López Iravedra, Manuel Rey Busto, Graciano Leivas, Dodolino Díaz Jácome, Benito Expósito, José Díaz Gil e José Paz Vázquez, este último veciño de Foz“.

PARTICIPACIÓN

A entidade organizadora anima a toda a veciñanza da Mariña, aos colectivos sociais, organizacións sindicais e políticas e institucións a sumarse a este acto de xustiza.

Os interesados poden poñerse en contacto coa comisión organizadora no correo electrónico homenaxegardarrios@gmail.com ou no número de telefono 608.98.74.74.

Durante a xornada celebrarase un xantar aberto de convivencia, con 50 comensais como máximo. Anotan polas mesmas canles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...