A A-8 ficou pechada dúas horas e media no Fiouco por causa da néboa

A DXT cerrou a autovía de 06.42 a 9.18 horas no tramo comprendido entre os quilómetros 536 e 552, co conseguinte desvío pola N-634

Baliza anti-néboa no Fiouco. EFE

EFE. Os densos bancos de néboa que dificultaban a visibilidade e condicionaban a seguridade dos usuarios obrigaron a pechar durante dúas horas e media a primeira hora desde luns a Autovía do Cantábrico (A-8) no Alto do Fiouco.

Así o confirmaron a Efe fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo.

A autovía estivo pechada desde 06.42 horas ata as 9.18 horas, concretamente entre os puntos quilométricos 536 e 552, entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín.

Como é habitual, habilitáronse os correspondentes os desvíos alternativos pola carretera Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo.

PIDEN PRECAUCIÓN

Aínda se mantén por parte da Dirección General de Tráfico (DGT) o nivel de servizo vermello nese tramo, para que os condutores extremen a precaución nese punto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here