IniciosociedadeSilvaje recorrerá ao Supremo para evitar o cárcere

Silvaje recorrerá ao Supremo para evitar o cárcere

O avogado do ex cura de Ribadeo e Trabada considera que "non se acreditou con probas" que o condenado roubou bens nin tampouco "ánimo de lucro" nas súas accións

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O ex cura José Emilio Silvaje presentará recurso ante o Tribunal Supremo contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que o condena a tres anos e medio de prisión por un delito de apropiación indebida, ao considerar que se fixo con numerosos obxectos relixiosos nas parroquias de Ribadeo e Trabada nas que exerceu o seu ministerio entre os anos 2008 e 2012.

“Despois dunha primeira lectura e conversa con Silvaje indubidablemente imos recorrer, porque estamos moi en desacordo co fallo”, explicou a Efe o seu avogado, José Manuel Oliveros.

“DASE POR BO O QUE COMENTABAN OS VECIÑOS”

Desde o seu punto de vista, “no relato de feitos probados hai unha interpretación non correcta da proba que se practicou no xuízo oral“, no que “non se acreditaron de xeito suficiente os feitos que o poñente relata na sentencia”, porque “non houbo nin unha soa testemuña que poidese acreditar que vise a Silvaje apropiarse dalgún ben”.

Por outra banda, aprecia unha clara “falta de rigor no punto de partida”, dado que “non existía un inventario rigoroso” das pezas que había nas parroquias e “dáse por bo o que comentaban os propios veciños, que existían antigamente uns obxectos e que despois faltaban, sen unha relación concreta e cunha mínima fiabilidade”.

Son cuestións “non só collidas con alfinetes, senón que, directamente, non existe proba“, precisou.

AFIRMA QUE SE “VIOLOU” A PRESUNCIÓN DE INOCENCIA

Por outra parte, Oliveros percibe “unha violación do principio de presunción de inocencia“, dado que a Fiscalía “non achegou probas suficientes para enervar ese principio e que se dea unha condena dese tipo, con esa severidade”.

Nese senso, lembrou que o delito de apropiación indebida “esixe que exista ánimo de lucro, pero neste caso nin sequera se intentou acreditar de que modo se lucrou” o ex párroco, porque “non se analizaron as súas contas nin se achegou ningún tipo de proba documental, pericial ou testifical para demostrar que se enriqueceu con esas actuacións”.

O que si se acreditou “é que mellorou de forma notable o estado das capelas” nas parroquias onde exerceu, conclúe o letrado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...