IniciosociedadeRibadeo suma tres graos medios de FP Dual, entre eles o de...

Ribadeo suma tres graos medios de FP Dual, entre eles o de atención á dependencia

O CIPF Porta da Auga inclúe esta titulación, carrozaría e construción, ademais de servizos administrativos; o Pedro Murias impartirá o ciclo de produción agroecolóxica

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense sumará tres novas titulacións de FP Dual -que sitúa un 60% da formación en empresas e centros de traballo-. O CIFP Porta da Auga de Ribadeo ofertará no vindeiro curso os graos medios de atención á dependencia, carrozaría e construción.

Así o anunciou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a oferta de ciclos formativos para o curso 2019/20.

O estudantado do ciclo medio de atención á dependencia, con 25 prazas, poderá realizar a súa formación práctica en Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla la Mancha y Galicia.

Pola súa banda, os estudantes de carrozaría terán as seguintes opcións: Automecánica Talleres Barja, S. L., Industrial Recense, S.L. Talleres Cardi. S.L., Autos Malucar, S. L., Carrocerías Hermanos Rega, S. L., Talleres Julio García, S. L. e Talleres Díaz y Varela, S.L.

Finalmente, aquelas persoas que elixan o grao medio de construción gozarán destas alternativas: Fernández y Sol Construcciones, S. L., Gestión Integral de Servicios Viconau, S. L., Vicente Fernández Martínez, José Manuel Fernández Díaz, Gestión Gratelu, S. L., Trío Procesos Constructivos, S. L., Construcar, S. L., Construcciones Río Ouro, S. L. e Construcciones Os Molineros, S.L.

XOVE PERDE INFORMÁTICA

No que atinxe ao réxime ordinario presencial, o CIFP Porta da Auga (Ribadeo) o ciclo básico de Servizos administrativos, con 18 prazas; mentres que o IES Illa de Sarón (Xove) perde o de Informática e comunicacións.

No caso dos ciclos de grao medio, o CFEA Pedro Murias (Ribadeo) incorpora á súa oferta o ciclo en Produción agroecolóxica, con 25 postos.

Neste senso, a Xunta de Galicia argumenta que a oferta “fluctúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e as características da poboación de cada zona”. Así, atribúe á “falta de alumnado” que se deixen de impartir determinados ciclos. Podes consultar aquí a oferta completa. oferta_ordinario_prov_concello_2019_2020

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...