IniciosociedadeA CIG reclama unha resonancia fixa para o hospital

A CIG reclama unha resonancia fixa para o hospital

O sindicato lamenta "a propaganda do PP" sobre a ampliación do centro e demanda un servizo "insubstituíble"

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) esixe ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que dote ao Hospital da Costa dunha resonancia magnética nuclear fixa. O sindicato nacionalista lamenta que malia “a propaganda do PP de máis e mellores servizos e de ampliación” do centro, A Mariña “seguirá tendo unha unidade móbil uns días ao mes”.

Desde a CIG lembran que este servizo “é unha vella promesa do PP” e que “historicamente, a falta de espazo foi o motivo para non dispór del, máis agora tampouco desfrutaremos desta ferramenta diagnóstica radiolóxica, que é insubstituíble”.

O colectivo de traballadores nacionalista sinala que a súa instalación permitiría “ofrecer aos doentes un diagnóstico precoz, acurtar os tempos de agarda e frear as derivacións que se están a producir nos centros privados da provincia”. A CIG asegura que falta dunha resognancia magnética nuclear fixa “está a alimentar con cartos públicos o centro privado-concertado Polusa”.

OITO MESES DE ESPERA

O sindicato lembra un caso denunciado pola Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña, o dun doente que leva oito meses de espera por unha resonancia magnética, logo de que se lle realizase unha non válida o 29 de novembro do ano pasado. A CIG asegura que o paciente tivo acceso a dita proba só tras presentar unha reclamación, pois a data establecida foi o vindeiro 26 de novembro, máis dun ano despois da súa consulta en reumatoloxía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...