Aprobados os niveis de competencia do galego-asturiano segundo o marco europeo

O decreto aprobado polo goberno do Principado de Asturias equipara á lingua do Eo-Navia a idiomas como o galego, o euskera, o castelán ou o inglés

Manifestación do 2018 en Oviedo. PLATAFORMA POLÁ OFICIALIDÁ DEL GALLEGO-ASTURIANO

O Goberno de Asturias aprobou o pasado venres o decreto polo que se establecen os niveis de competencia do asturiano e do galego-asturiano e polo que se regulamenta a proba de certificación correspondente aos seus niveis adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.

Con esta aprobación, a cidadanía poderá acreditar así o seu nivel de galego do Eo-Navia a través de probas específicas con cinco niveis: básico (A) 1, básico 2, intermedio (B) 1, intermedio 2 e avanzado (C1).

As probas constarán de exercicios de compresión de textos orais e escritos, produción e coprodución de textos orais e de textos escritos e mediación. Os certificados poderán valorarse nos procesos de recoñecementos de méritos que se van xestionar desde a Administración pública.

Así, este decreto iguala o galego de Asturias con outros idiomas como o galego, euskera, castelán ou inglés, que contan co mesmo procedemento de certificación.

NORMATIVA

A organización política LiGanDo (LGD) celebra “o avance” e argumenta que a elaboración do proxecto normativo para regular os niveis competenciais “debe avanzar no achegamento desta variante do galego usado no occidente de Asturias cara o idioma normativizado pola Real Academia Galega (RAG), como mellor xeito de dar utilidade, futuro e alcance internacional a esta variante da lingua”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here