InicioPolíticaCandia critica ao PSOE por "apuñalar" a Campos, que "non merecía este...

Candia critica ao PSOE por “apuñalar” a Campos, que “non merecía este final”

A presidenta do PP de Lugo carga contra a dirección galega por "desleal" e afirma que non tivo en conta que "detrás dos cargos hai persoas"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A presidenta provincial do Partido Popular (PP), Elena Candia, asegurou en declaracións a Efe que o até agora presidente en funcións da Deputación en Lugo, Darío Campos, “non se merecía este final” por parte do seu partido, porque chegou á institución “para salvar os mobles do PSOE nun momento moi difícil”.

Segundo Candia, a “historia deste último capítulo do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo” puxo de manifesto un dos exercicios “de deslealdade e humillación máis grandes” que viu na súa carreira política “cara un compañeiro”, porque ao “cargarse brutalmente” ao presidente da Deputación non se pensou “que detrás dos cargos hai persoas”.

ACORDOS

“Creo sinceramente que Darío non se merecía este final”, dixo Candia, aínda que “na xestión desta crise (en referencia ao veto do BNG a Manuel Martínez, que rematou coa expulsión do deputado socialista) tivo os seus erros”.

De feito, lembrou que lle “tocou xestionar unha realidade que el non creou” e nunha situación complicada “tivo capacidade de consenso e diálogo” suficientes para sacar adiante varios orzamentos na institución provincial.

“NON TODO VALE”

“Queremos poñer en valor a nosa parte neses acordos”, expuxo Candia, pero tamén o papel do presidente da Deputación, agora “apartado dunha maneira desgarradora e brutal”.

Desde o seu punto de vista, o que sucedeu no partido socialista de Lugo nas últimas semanas debe “quedar gravado como un exercicio de aprendizaxe”, porque na política “non todo vale“, argumenta. “Critico ese PSOE que apuñala e esas formas demoledoras”, engadiu.

LEICEAGA DI QUE OS CAMBIOS TRAEN “NORMALIDADE”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou que os cambios introducidos no partido socialista da provincia de Lugo achegarán “estabilidade e normalidade” á organización e ao goberno provincial.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, Leiceaga foi cuestionado sobre os acontecementos da última semana no PSOE lucense coa demisión do ata entón secretario provincial, Álvaro Santos Ramos, e a ratificación da dirección federal do partido do alcalde de Monforte, José Tomé, como candidato a presidir a deputación en detrimento de Campos.

Fernández Leiceaga negou que se trate dunha ‘purga’ promovida pola dirección galega, xa que sostén que “o que pasou foi unha demisión e a elección das bases do partido, alcaldes e concelleiros; dos seus deputados provinciais que a dirección (federal) avalou”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...