A A-8, pechada durante máis de doce horas á altura do Fiuco pola néboa

O corte de tráfico, entre Mondoñedo e Abadín, comezou ás 20.40 horas do pasado martes

Baliza anti-néboa no Fiouco. EFE

EFE. Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios obrigaron a manter pechada durante máis de doce horas a autovía do Cantábrico (A-8) entre Mondoñedo e Abadín, no alto do Fiouco.

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a autovía permaneceu pechada ao tráfico, en ambos sentidos de circulación, desde as 20.40 horas do pasado martes, en concreto entre os puntos quilométricos 536 e 552.

CIRCULACIÓN PECHADA

Como é habitual nestes casos, a Garda Civil estableceu desvíos alternativos pola estrada Nacional 634. Ás 10.41 horas, momento de peche desta información, a circulación pola autovía mantíñase prohibida.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here