A CIG denuncia que o Hospital da Mariña estará dous meses sen traballadora social

O Sergas alega que "as incidencias que xurdan serán atendidas por profesionais de estruturas do servizo público de saúde"

Hospital Público da Mariña. AXM

CIG Saúde A Mariña denunciou este luns que o Hospital da Mariña estará sen a única traballadora social coa que conta “durante os meses de xullo e agosto”. O sindicato critica que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non cubra a súa ausencia “a pesar de existir persoas dispoñibles nas listas de contratación autonómica”.

A central nacionalista advirte que estas profesionais cumpren un “papel esencial e imprescindible no ámbito sanitario” xa que, argumentan, “dan reposta a toda a problemática dos colectivos de maior vunerabilidade”.

Así, explican, as traballadoras sociais encárganse de “persoas en situación de abondono nos hospitais” ou “en situación de desprotección con grave risco para a súa integridade”.

MÁIS PROFESIONAIS

A CIG lembra que se trata de casos “de emerxencia social cun crecemento expoñencial nos últimos anos” polo que entende que, máis aló de cubrir a vacante, se debería dotar o Hospital, como mínimo, dunha segunda profesional.

Neste senso, o sindicato esixe outras “unha revisión de ratios na atención hospitalaria” e a dotación de profesionais desta área nos centros de saúde mental, de orientación familiar e atención temperá, así como nos centros de saúde.

O SERGAS ALEGA QUE “SE ATENDERÁN AS INCIDENCIAS”

En relación co exposto pola central galega, o Sergas explica que “o servizo non quedará desatendido”. Alega que “incidencias que xurdan no ámbito do traballo social serán abordadas por profesionais de estruturas do sistema sanitario público”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here