EFE. A Garda Civil anunciou que desplegará un operativo especial de seguridade vial con motivo da celebración do Resurrection Fest na localidade de Viveiro, con especial incidencia no consumo de alcol e drogas por parte dos conductores, así como aos episodios de condución temeraria.
O dispositivo porase en marcha antes da apertura oficial do festival, o mércores 3 de xullo, e manterase activo ata o luns, 8 de xullo, dous días despois da súa clausura.
Esperase a chegada a Viveiro dunhas 100.000 persoas, polo que a Garda Civil desplegará controis nas principais vías de acceso á localidade, de forma especial naquelas que soportarán maior intensidade de tráfico durante os días de festival, como a LU-540 ou a LU-862.
Tamén haberá vixilancia noutras estradas de menor entidade, como as provinciais LU-P-6601, LU-P-6602, LU-P-6606 ou LU-P-6402, utilizadas para acceder aos campamentos e lugares para pernoctar en Viveiro.
RÁDARES
A Garda Civil informa de que haberá “numerosos puntos de detección de alcol e drogas”, así como “controis de velocidade e vixilancia da circulación mediante vehículos camuflados“.
CAMPAÑA DE RECICLAXE
A organización do Resu anunciou a través dun comunicado que o proxecto de reciclaxe #daralata chegará ao festival na súa edición de 2019.
Dentro do programa europeo Cada Lata Cuenta, o proxecto, que conta coa colaboración de Estrella Galicia, quere concienciar sobre a importancia de dar unha nova vida ás latas de bebidas, reciclando o máximo número delas posible.
Ao longo das instalacións do festival instalaranse contedores amarelos para que a xente poida depositar as súas latas. Ademais, haberá dinamizadores: persoas que portarán ás súas costas unha mochila recolectora, a fin de recoller os residuos e tamén de interactuar cos seareiros para facer un traballo de concienciación.
As latas de bebidas compóñense de materiais metálicos que poden reciclarse infinitas veces sen perder as súas propiedades, salientan desde a campaña.
EXPOSICIÓN
O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) abriu ese luns a exposición ‘14 anos de Resurrection Fest‘.
Poderá verse ata o venres, na sala multiusoso do consistorio, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00.