IniciosociedadeA A-8, a piques de cumprir 24 horas pechada pola néboa no...

A A-8, a piques de cumprir 24 horas pechada pola néboa no Fiouco

O corte do treito comprendido entre os quilómetros 536 e 552, motivado pola néboa, comezou ás 13.51 horas do pasado martes

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios obrigaron á Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a manter pechada a Autovía do Cantábrico (A-8) entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín, no Alto do Fiouco.

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, a autovía permanece cortada en ambos sentidos da circulación desde o pasado martes ás 13.51 horas, concretamente no treito comprendido entre os quilómetros 536 e 552.

DESVÍO POLA N-634

Desde esa hora, a Garda Civil habilitou os habituais desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo.

Ás 11.38 horas, momento de peche desta información, o tramo da autovía seguía pechado, a piques de cumprir un día enteiro cerrado.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...