A A-8, pechada de novo en Mondoñedo desde a tarde do domingo

O corte entre os quilómetros 536 e 552 da autovía, motivado pola néboa, mantense desde as 19.43 horas de onte

Alto do Fiouco. YOUTUBE

EFE. Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios volveron obrigar á Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a manter pechada a Autovía do Cantábrico (A-8) en Mondoñedo desde hai máis de doce horas.

Segundo informa a propia DXT, a autovía quedou cortada en ambos sentidos da circulación no Alto do Fiouco, entre os municipios lucenses de Abadín e Mondoñedo, desde o domingo ás 19.43 horas.

O treito que fica cortado é o situado entre os quilómetros 536 e 552, de xeito que a Garda Civil habilitou os desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo. Ás 10.41, hora de peche desta información, o paso seguía pechado.

O ESTADO DA N-634, FONTE DE POLÉMICA

Nos últimos días, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou unha entrevista coa subdelegada do Goberno central en Lugo, Isabel Rodríguez, para pedir que ese tramo na N-634 sexa mellorado, ao considerar que non se atopa nas condicións axeitadas para soportar o tráfico provocado polos desvíos desde a A-8 cando a néboa obriga a pechar a autovía. O BNG mindoniense resaltou o desleixo dos Executivos centrais ao longo dos últimos cinco anos coa vía.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here