IniciosociedadeA Xunta negará o permiso á casa de apostas proxectada en Ribadeo

A Xunta negará o permiso á casa de apostas proxectada en Ribadeo

O Goberno galego asegura que o límite de salóns de xogo autorizados, 118, "xa está superado neste momento"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia asegurou a través dun comunicado de prensa que non autorizará o novo salón de xogo que tiña previsto instalarse na avenida de Asturias de Ribadeo. Segundo explica o Goberno galego, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza negará o permiso amparándose na nova normativa autonómica en materia de apostas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, coa entrada en vigor do Decreto de planificación de autorizacións de salón de xogo, “todos os expedientes que actualmente se atopan en tramitación deberán ser desestimados“, dado que se limita a 118 o número de establecementos autorizables en Galicia, un tope que “xa está superado neste momento”.

Balseiro argumentou que “se o Executivo autonómico non tivera impulsado esta reforma normativa, non existirían ferramentas legais para desestimar a petición formulada polo salón de xogos”. Así, sostén que “foi este cambio normativo da Xunta o que fará posible denegar a autorización solicitada”.

NOVA LEI DO XOGO

Segundo indica o comunicado, o pasado mes de xuño, o Consello da Xunta aprobou un acordo para limitar as autorizacións e evitar especulacións antes da entrada en vigor da que será a nova lei do xogo, “moito máis restritiva con este tipo de autorizacións”.

O Goberno galego busca, afirma, “limitar a actividade e regular un xogo respectuoso e responsable, de aí que inclúa novidades como o reforzo dos controis ou as limitacións no número de establecementos“.

OPOSICIÓN DO ALCALDE

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, que este mércores, nunha información recollida por La Voz de Galicia, manifestara a súa intención de opoñerse á apertura do negocio “se legalmente se pode”, mantén que o goberno galego reaccionou a rebufo da oposición que se formulou desde o concello.

“Reaccionan agora que demos a voz de alarma e se empeza a falar diso. Non entendo porque non o dixeron antes. Terían evitado problemas noutros concellos”, criticou.

No pasado mes de abril, o executivo local negou o permiso ao empresario argumentando que na mesma rúa hai outro local de xogo, en concreto unha administración de lotaría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...