Aberto o prazo para anotarse nos xantares da Festa Castrexa

Haberá menús de día e de noite, tamén para nenos, e os interesados teñen ata o día 27 para facer as súas reservas

Cartel dos xantares castrexos. AXM

A organización da Festa Castrexa de Burela, que se celebrará os días 6 e 7 de xullo, fixo públicos os menús dos xantares castrexos do sábado. Os interesados teñen ata o 27 de xuño para facer a súa reserva.

No xantar de irmandade, os comensais poderán elixir entre varios primeiros pratos (callos, sopa de cocido ou ensaladilla) para logo degustar unha paella. Á noite, a cea consistirá nun primeiro a elixir e un segundo prato de churrasco.

Os nenos terán tamén os seus propios menús, cunha milanesa de tenreira a mediodía e churrasco pola noite.

PREZOS

Os prezos dos menús para adultos serán de 12 euros con reserva e 14 sen reserva propia, mentres que o custo da ración infantil será de oito ou dez euros. A organización ofrece un pequeno aforro a quenes elixan menús dobres, a 20 euros os das parellas e a 14 euros os dos pequenos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here