IniciosociedadeViveiro presume de pasado renacentista nun Mercado multitudinario

Viveiro presume de pasado renacentista nun Mercado multitudinario

O desembarco e as comidas no casco demostraron o seu poder de convocatoria e a primeira visita teatralizada nocturna foi todo un éxito

Publicada o

- Advertisement -

O Mercado Renacentista de Viveiro congregou un ano máis a centos de persoas na Cidade do Landro para vivir un ambiente doutra época que fixo as delicias de grandes e pequenos.

O desembarco de Carlos V, o pasado venres, reuniu a unha multitude na praia de Covas para presenciar unha escena de fantasía -xa que o emperador nunca pisou a vila- recreada por case un cento de veciños. O monarca, encarnado por Víctor Rolle, achegouse á Mariña Lucense para decidir que familia da nobreza viveirense –Vizoso, Páez de Cora, Alfeirán e Gallo- ostentará o poder ata a vindeira edición do Mercado.

Postos de queixos, especias, pans e empanadas, xamóns e embutidos, conservas, xoguetes artesáns, xoiería, xabóns e ambientadores, cerámica, obxectos de coiro ou de roupa ateigaron as rúas do casco histórico cunha variada oferta.

Viveiresas vestidas para a ocasión. VIVEIRO TURISMO

PERCORRIDO POLOS MONUMENTOS DA ÉPOCA

O sábado, os viveirenses volveron comer nas rúas do centro monumental como xa é costume desde hai doce anos. Completaron o programa do mercado un sinfín de actividades e actuacións na rúa, ademais de visitas teatralizadas polo Viveiro renacentista.

O historiador Suso Martínez encargouse de mostrar os atractivos de Viveiro a turistas e tamén a moitos locais que coñeceron mellor o pasado da súa vila. Especialmente concorrida foi o percorrido nocturno do venres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...