IniciosociedadeBarreiros quere dotar de saneamento ás parroquias do interior cun proxecto piloto...

Barreiros quere dotar de saneamento ás parroquias do interior cun proxecto piloto da Xunta e a UdC

O Concello ofrécese para acoller probas da Administración e Universidade, que están a iniciar un plan de depuración de augas residuais cun sistema alternativo de balsas verdes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros quere dotar de saneamento ás parroquias do interior do municipio, que carecen deste servizo, a través da participación dun proxecto piloto da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (UdC).

A alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, mantiveron o pasado luns unha xuntanza coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para abordar a situación actual das depuradoras do municipio.

As parroquias do interior barreirense –Vilamartín Pequeno, San Xusto e San Xulián de Cabarcos e Celeiro de Mariñaos– non contan con rede de saneamento, polo que na reunión falouse da existencia dun proxecto piloto que está a desenrolar Augas de Galicia xunto coa Universidade da Coruña sobre balsas verdes, un sistema alternativo que consiste na instalación dunha plantación forestal á que se lle subministran augas residuais urbanas. Unha parte delas evapórase á atmósfera e outra é absorbida polas prantas.

Cremos que este proxecto encaixaría moi ben dentro de Barreiros, polo que nos ofrecemos como concello de proba para que realicen os estudos pertinentes e así dotar as zonas do interior de sistemas de depuración”, expón Ermida.

DEPURADORA DE SAN MIGUEL

Na xuntanza tamén se abordou a situación da depuradora de San Miguel de Reinante, “da cal existe un proxecto redactado cun custo de 3,3 millóns de euros pero sen financiamento. Neste punto a directora de Augas de Galicia emprázanos a buscar financiación directamente coa Conselleira de medio ambiente, Ángeles Vázquez”, indica Ermida.

A intención do executivo municipal é buscar solucións a fin de corrixir os problemas das augas residuais sen depurar que cada verán se están a sufrir, con vertidos acusados especialmente na praia de Arealonga.

“Cremos que se trata dun problema non só municipal senón tamén global, ao darse nunha zona costeira que forma parte da Rede Natura. O Concello non está en condicións de asumir esa contía e petaremos nas portas doutras Administracións para que saia adiante”, expón a rexedora.

EDAR DE SAN BARTOLO

Outro dos problemas que se tratou foi “o do emisario da depuradora de San Bartolo, o cal leva roto varios anos, e que Gutiérrez se compromete a revisar”.

Así, o executivo municipal enviará unha solicitude ao ente hidráulico autonómico para que realice unha revisión, a fin de “evitar problemas meirandes no futuro, como o que acontece en Viveiro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...