A Autovía do Cantábrico (A-8) permanece de novo pechada ao seu paso por Mondoñedo, informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os densos bancos de néboa que se acumulan no alto do Fiouco obrigaron a prohibir o tránsito rodado.
Segundo reflicte o mapa de incidencias da DXT, a vía quedou cortada en ambos sentidos da circulación ás 00.02 horas da madrugada deste mércores.
DESVÍOS POLA N-634
O treito afectado situase entre os quilómetros 536 e 552, de xeito que a Garda Civil habilitou os desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo.
Ás 10.45 horas, hora de publicación desta información, o paso seguía pechado.