A A-8, pechada de novo polo néboa ao paso por Mondoñedo

Segundo informa a DXT, a autovía quedou cortada desde a medianoite do mércores

Alto do Fiouco. YOUTUBE

A Autovía do Cantábrico (A-8) permanece de novo pechada ao seu paso por Mondoñedo, informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os densos bancos de néboa que se acumulan no alto do Fiouco obrigaron a prohibir o tránsito rodado.

Segundo reflicte o mapa de incidencias da DXT, a vía quedou cortada en ambos sentidos da circulación ás 00.02 horas da madrugada deste mércores.

DESVÍOS POLA N-634

O treito afectado situase entre os quilómetros 536 e 552, de xeito que a Garda Civil habilitou os desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634 ao seu paso por Mondoñedo.

Ás 10.45 horas, hora de publicación desta información, o paso seguía pechado.

1 COMMENT

  1. “Impresionante” o traballo feito polo enxeñeiros de dito vial. Estou seguro que cando estaban nas obras deste treito quentaba todolos dias o sol…en fin!!!!

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here