IniciosociedadeA Xunta informa en contra do lugar para o polígono do Valadouro,...

A Xunta informa en contra do lugar para o polígono do Valadouro, o que Maseda atribúe a “un malentendido”

O rexedor salienta que se trata "dunha cuestión administrativa" que os gobernos locais e autonómicos subsanarán e que a ubicación prevista non corre ningún risco

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia informou negativamente á modificación puntual das Normas Subsidiarias Municipais do Valadouro pola que o Concello pretendía reclasificar varios terreos para crear un novo parque empresarial no municipio. O alcalde, o socialista Edmundo Maseda, asegura que o servizo provincial de Urbanismo en Lugo denegou a solicitude “por un malentendido” que en “ningún momento fai perigar a ubicación” elixida para o parque industrial.

A través dun comunicado de prensa, a Xunta asegurou que o Concello decidiu “modificar unilateralmente o emprazamento do futuro parque empresarial” reservado pola Administración autonómica no plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, do ano 2014, “para situalo noutro espazo diferente“. 

O Goberno galego precisa que existe “unha incoherencia entre a modificación urbanística pretendida polo goberno local e a que figuraba no plan da Xunta”. Esta última trátase dunha parcela de 118.375 metros cadrados xunto á estrada LU-162, próxima ao cemiterio.

A Xunta aclara que a situación “é corrixible” e sinala que o executivo valadourense “ten dúas opcións” para atender as demandas de solo empresarial do municipio, “ben realizar unha modificación urbanística que coincida co emprazamento inicial, ben solicitar un cambio deste plan autonómico“.

O mércores haberá unha reunión técnica entre o Concello e a Xunta para “corrixir as deficiencias que farán posible a reclasificación destas bolsas de solo, e en consecuencia, as bases urbanísticas que permitirán a creación dun polígono industrial no Valadouro”.

ERRO ADMINISTRATIVO

Maseda expón que o informe desfavorable de urbanismo non supón que se tombe a ubicación prevista do polígono, nunha parcela de 88.878 metros cadrados situada ao norte da estrada autonómica LU-152, xunto ao campo de fútbol.

“O anterior terreo proposto e o actual eran todo un, cualificado de chan urbanizable industrial ata a Lei do Solo do 2016, que o converteu en solo rústico mentres non se urbanice. Para facelo hai que pedir unha modificación puntual en base a un proxecto concreto”, explica Maseda. O rexedor sinala que a parcela quedou dividida en dúas partes “pola estrada de Cangas”.

Maseda quere deixar claro que “antes de plantexar esta ubicación preguntamos a Xestur se ía facer o polígono alí, e desistiu de facelo. Tamén Suplusa, despois da polémica que houbo na Deputación de Lugo“, agrega.

Deste xeito, o rexedor asegura que o informe desfavorable se debe a que a solicitude carece dun trámite que non realizou o Concello “por un malentendido”, a renuncia á outra área prevista, ao entender que Xestur xa formalizara ese trámite. “Urbanismo non pode dar a súa aprobación se non renunciamos, cousa que faremos e que abordaremos na xuntanza”, indica o alcalde valadourense.

MASEDA DEFENDE A UBICACIÓN ELIXIDA

Maseda sinala que a actual ubicación elexida “é de sentido común, a mellor e máis barata”. Así, argumenta que na parcela próxima ao cemiterio “había que reforzar a liña de electricidade cun gasto de 1,5 millóns de euros. No campo de fútbol hai tres liñas de media tensión. Cun transformador de 50.000 euros podemos dar luz suficiente á área industrial”, salienta.

O rexedor engade que a parcela prevista incialmente “é en pendente, o que suporía que algunhas naves tiveran que realizar muros de contención”, e remarca que a proposta actualmente “conta con saneamento e os servizos garantidos”.

Maseda subliña que “o Concello é soberano para contemplar a área industrial que lle pareza, a través dos plans de urbanismo”, pero sinala que “estamos dispostos a colaborar coa Xunta e aclarar o que faga falta”.

TERREOS COMPRADOS

Os terreos para a ubicación do polígono, de feito, “están practicamente comprados“, expón Maseda, á espera de “escriturar varias fincas pequenas que equivalen a 7.000 ou 8.000 metros cadrados”.

PROXECTO

No tocante ao proxecto, Maseda afirma que está “avanzado”. O Concello aspira a que sexa de titularidade municipal para ter máis marxe de manobra á hora de tomar medidas para favorecer a implantación de empresas e “encher o parque industrial, que será o máis complicado”. As posibilidades da administración local obrigarán, sinala, a afrontar a obra “en varias fases“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...