A cadea de restauración Galipizza, que desde xaneiro xa era a única cadea galega de restauración coa distinción “Q” de Calidade Turística, ven de acadar a certificación do selo Galicia Calidade, que certifica a calidade da súa materia prima, dos seus produtos e deseños elaborados en Galicia.
Con establecementos en Viveiro e Ribadeo, desde onde se espallou a Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, a cadea acadou a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A marca Galipizza, que aposta polos produtos galegos na elaboración das súas propostas gastronómicas, pasa a formar parte tamén da plataforma Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia.
117 ESTABLECEMENTOS CERTIFICADOS
Coa esta nova incorporación, a marca de garantía de Galicia conta xa con 117 establecementos certificados de diferentes sectores. No caso dos negocios de de hostalería, deben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos de certificación de orixe de Galicia.