IniciosociedadeGalipizza acada o selo Galicia Calidade

Galipizza acada o selo Galicia Calidade

A cadea, que se espallou desde Viveiro e Ribadeo a Santiago, A Coruña ou Vigo, suma á distinción turística 'Q' o certificado de garantía da Xunta de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

A cadea de restauración Galipizza, que desde xaneiro xa era a única cadea galega de restauración coa distinción “Q” de Calidade Turística, ven de acadar a certificación do selo Galicia Calidade, que certifica a calidade da súa materia prima, dos seus produtos e deseños elaborados en Galicia.

Con establecementos en Viveiro e Ribadeo, desde onde se espallou a Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, a cadea acadou a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A marca Galipizza, que aposta polos produtos galegos na elaboración das súas propostas gastronómicas, pasa a formar parte tamén da plataforma Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia.

117 ESTABLECEMENTOS CERTIFICADOS

Coa esta nova incorporación, a marca de garantía de Galicia conta xa con 117 establecementos certificados de diferentes sectores. No caso dos negocios de de hostalería, deben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos de certificación de orixe de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...