IniciosociedadeRibadeo lidera A Mariña no prezo da vivenda libre, con 1.250 euros...

Ribadeo lidera A Mariña no prezo da vivenda libre, con 1.250 euros por metro cadrado

Segundo un informe da Fegein, a bisbarra é o lugar máis barato para mercar terreos de todo o litoral galego

Publicada o

- Advertisement -

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) presentou este venres un informe sobre o prezo medio de compravenda da vivenda libre, tanto nova como usada e habitual como residencia. O documento sinala que Ribadeo é o lugar da Mariña Lucense cun custo do metro cadrado máis elevado, con 1.250 euros.

Barreiros é o segundo municipio cun prezo máis elevado do metro cadrado da vivenda libre, con 1.150 euros, seguido de Foz, con 990, Viveiro, con 980, e Burela, con 900 euros.

Segundo os datos do informe, A Mariña é o lugar máis barato de todo o litoral galego. Na provincia de Pontevedra destaca Sanxenxo -o sitio máis caro de Galicia-, onde se alcanzan os 2.375 euros por metro cadrado. En Vigo é de 2.100; en Nigrán, comprar un metro cadrado de costa custa 1.900 euros, e en Baiona 1.850.

Na provincia da Coruña, o metro cadrado na capital ten un prezo medio de 2.150 euros, por 1.600 de Oleiros e 1.100 de Ribeira.

CONTRASTE “BRUTAL” CO INTERIOR

O presidente da Fegein, Benito Iglesias, sinalou o contraste “brutal” entre a venta de vivendas de costa e de interior nunha Galicia que ten “dúas velocidades. A maioría da carga de traballo focalízase nas grandes cidades e nos municipios de costa”, remarca. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...