IniciosociedadeSuárez Barcia valora o non da Xunta a unha casa de apostas...

Suárez Barcia valora o non da Xunta a unha casa de apostas en Ribadeo: “non queremos economía de Casino”

O Goberno galego confirmoulle ao Concello que desestima a solicitude dunha empresa para instalar un salón de xogo na Avenida de Asturias

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, expuxo este venres que a Xunta de Galicia vén de comunicarlle ao Concello que o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, “resolveu desestimar a solicitude de autorización de instalación dun salón de xogo na avenida de Asturias“.

O Goberno galego tomou esta decisión en base ao artigo 67.6 do regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 72/2019, por superar o límite máximo de establecementos (son 118) fixado polo Consello da Xunta de Galicia.

“TÍVOSE EN CONTA” AO GOBERNO LOCAL

Suárez Barcia, que no pasado mes de abril negou o permiso ao empresario argumentando que na mesma rúa hai outro local de xogo, en concreto unha administración de lotaría, celebra que “se tivo en conta a posición do Concello contraria a este tipo de negocios”.

“Nin Ribadeo nin Galicia deben aceptar estes negocios de economía de Casino. A única economía que debe mover o mundo é a produtiva, non especulativa“, explicou o rexedor, que valora a decisión adoptada pola Xunta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...