Sargadelos anunciou este venres, a través dun comunicado, a creación dunha nova peza, o submariño Elesede-51, coa que a marca homenaxea aos Beatles.
Trátase dunha chiscadela ao célebre ‘yellow submarine‘ dos ‘Fab Four‘, que quitaron o single e máis a película do mesmo nome no verán de 1968, 51 anos atrás.
PINK FLOYD XA TIÑA A SÚA
A marca afincada en Cervo e Sada rende así tributo á cultura pop dos anos 60, nos que a mocidade tentou “abrir novos camiños á liberdade co seu entusiasmo pola vida e a súa paixón pola música”.
A nova peza de Sargadelos viría a continuar o recoñecemento aos grandes grupos de pop e rock, dado que no 2016 quitou ao mercado Psicodelia, unha homenaxe a Pink Floyd.