IniciosociedadeO Beer-Veiro Fest ofrecerá 70 tipos diferentes de cervexa artesá

O Beer-Veiro Fest ofrecerá 70 tipos diferentes de cervexa artesá

O festival, que se celebrará nos Xardíns de Noriega Varela do 1 ao 4 de agosto, conta con actividades paralelas como concertos, obradoiros e xogos populares

Publicada o

- Advertisement -

Os xardíns Noriega Varela acollerán do 1 ao 4 de agosto a segunda edición do Beer-Veiro Fest. A segunda edición da feira da cervexa artesá permitirá degustar ata 70 tipos diferentes desta bebida.

A Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns é a encargada de realizar este evento, co que pretende dar a coñecer este produto e afondar na cultura da cervexa.

Bubela (Lugo), Skynet (Ourense), A Cova da Serpe (Lugo), Belecker (Ponferrada), Aloumiña (Lugo), The One Beer (Madrid), Castreña (León) ou as locais Misterio Brewing e Xistral (ambas de Viveiro) son algunhas das marcas que estarán presentes no festival.

Nesta segunda edición do Beer-Veiro Fest habilitaranse stands nos Xardíns Noriega Varela para poder degustar as diferentes variedades. A entrada á feira é gratuíta, pero para consumir haberá que mercar o vaso conmemorativo, no que se servirán as cervexas.

O Beer-Veiro Fest é un festival de carácter familiar, que ten como obxectivo fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros infantís ou concursos. Tamén haberá xogos populares de madeira para os máis pequenos, como a rá, pica peixe ou a chave.

O festival inaugurarase o xoves, a partir das 18.00 horas, e pechará o domingo, ás 23.00. Ao longo dos catro días actuarán grupos como Skintight, Far Away Place, Punta Norte e Crooner 432.

PROGRAMA COMPLETO

Xoves, 1 de agosto

18.00- Inauguración do festival

18.30- Apertura da zona de xogos populares

22.00- Concerto do grupo SKINTIGHT

00.00- Peche do festival

Venres, 2 de agosto

12.00- Apertura do festival

12.30-Apertura da zona de xogos populares

20.45- Concerto a cargo do grupo de música FAR AWAY PLACE

00.30- Peche do festival

Sábado, 3 de agosto

12.00- Apertura do festival

12.30- Apertura da zona de xogos populares

19.00- Obradoiro para nenos/as de elaboración de batidos a cargo de EUREKA KIDS

23.30- Concerto a cargo do grupo de música PUNTA NORTE

00.30- Peche do festival

Domingo, 4 de agosto

12.00- Apertura do festival

12.30- Apertura da zona de xogos populares

13.00- Sesión BEER-MU Dj Popy García (Tropical Boyz)

19.00- Obradoiro para nenos de cociña a cargo de EUREKA RESUKIDS

21.30- Concerto a cargo do grupo de música CROONER 432

22.30- Concurso da mellor etiqueta do festiva

22.35- Concurso da mellor cervexa do festival

22.40- Concurso do mellor foodtruck do festival

23.00- Entrega de premios aos cervexeiros

23.00- Clausura do festival

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...