A Banda Sinfónica de Galicia deterá a súa xira en Ribadeo o 9 de agosto

A formación, con varios integrantes ribadenses, ofrecerá o espectáculo 'Música e valores'

Banda Sinfónica de Galicia. AXM

EFE. A Banda Sinfónica de Galicia (BSG) actuará o 9 de agosto en Ribadeo, ás 21.30 horas no auditorio. Trátase dun concerto enmarcado na xira ‘Música e valores‘, que se presentará en Ortigueira, a vila ribadense e Sober.

A iniciativa parte dunha agrupación xurdida “da consolidación dos proxectos de Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia“.

Os integrantes da BSG proceden de bandas, escolas e conservatorios de toda Galicia, e hai varios membros ribadenses.

REPERTORIO

Os directores da agrupación son Carlos Diéguez, David Llano e Quique Lagares. A xira estival incluirá obras de compositores galegos menores de 23 anos de idade, como a lucense Carme Rodríguez ou o ourensán Manuel Vázquez.

Así mesmo, participarán os solistas gañadores do concurso ‘Proxectando sons‘, Jaime Estévez e Iván Carballal, nun ciclo que apoian a Xunta de Galicia e os Concellos de Ortigueira, Sober e Ribadeo xunto ás súas escolas e bandas, e o Xacobeo 2021.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here