IniciosociedadeO PSOE de Cervo denuncia que incumprir a regra de gasto conxelará...

O PSOE de Cervo denuncia que incumprir a regra de gasto conxelará os investimentos no 2019

No pleno ordinario do pasado venres aprobouse cos votos a favor do PP o Plan Económico Financeiro 2019-2020

Publicada o

O portavoz do PSOE de Cervo, Francisco Mon, criticou este venres a “pésima xestión” do alcalde do Partido Popular (PP), Alfonso Villares, “tamén” no ámbito económico, xa que no ano 2018, “co afán de sacar rédito electoral a actuacións que non fixo nos últimos oito anos, incumpriuse a regra de gasto por unhas actuacións que tiveron como protagonistas o baixo control de execución dos orzamentos, e o despilfarro e a improvisación”.

LEI DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA

Os socialistas citan como exemplos “obras que non se axustaron aos proxectos definidos e incorporacións masivas de persoal”. Os socialistas expresáronse deste xeito despois da celebración, o pasado venres, do pleno ordinario, no que se aprobou cos votos a favor do PP, o Plan Económico Financeiro 2019-2020, o instrumento que establece a Lei de Estabilidad Presupuestaria para as administracións que, como Cervo, incumpran a regla de gasto.

“SUSPENSO ROTUNDO”

Así, apuntaron que, segundo establece o Plan aprobado, durante este ano e o que
vén o Concello practicamente non acometerá investimento algún, levando a cabo
soamente as que ten en execución do exercicio pasado de 2018. “Si os orzamentos
eran unha mera entelequia, agora directamente son papel mollado”, sostiveron.
Por outra parte, o PSdeG-PSOE cervense lamenta o “burdo intento” do Partido Popular de
“minimizar” a importancia deste “suspenso rotundo” na xestión do equipo de Goberno,
que lle impoñen “as normas creadas polos seus propios compañeiros do PP cando
estaban no Ministerio de Facenda”.

“IMPACTO NA CALIDADE DOS SERVIZOS”

Por último, os socialistas consideran que os cervenses “teñen que saber” que o
incumprimento “terá un impacto”, queiran ou non, sobre a calidade dos servizos que van a recibir. Así, prognostican, “haberá actuacións que se verán comprometidas ou retrasadas, posibles revisións de contratos a baixa, e por último, pode afectar seriamente os orzamentos do 2019 e anos seguintes porque se reduce a base do gasto computable”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...