IniciosociedadeVillares pide un paso de elevado de peóns na N-642 á altura...

Villares pide un paso de elevado de peóns na N-642 á altura do cruzamento para Cervo

O alcalde de Cervo asegura que esta estrada, que conta con catro carrís e que ten moito tráfico, "resulta moi perigosa" para os viandantes

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, o popular Alfonso Villares, asegurou este domingo a través dun comunicado de prensa que lle trasladou á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, na xunta local de seguridade celebrada esta semana, a necesidade de construír un paso elevado para peóns na N-642, á altura do cruzamento cara Cervo.

Villares, que se desprazou ata a zona co concelleiro de Protección Civil, Alfredo Fernández, e co edil de turismo, David Rodríguez, argumentou “que esta estrada, que conta con catro carrís e que ten moito tráfico, resulta moi perigosa para os peóns que transitan pola zona e que teñen que cruzala para acceder ao centro de saúde ou ao núcleo de Cervo”.

OBRA “NECESARIA”

Engadiu que se trata dunha infraestrutura “necesaria” para mellorar a seguridade dos viandantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...