O alcalde, o popular Alfonso Villares, asegurou este domingo a través dun comunicado de prensa que lle trasladou á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, na xunta local de seguridade celebrada esta semana, a necesidade de construír un paso elevado para peóns na N-642, á altura do cruzamento cara Cervo.
Villares, que se desprazou ata a zona co concelleiro de Protección Civil, Alfredo Fernández, e co edil de turismo, David Rodríguez, argumentou “que esta estrada, que conta con catro carrís e que ten moito tráfico, resulta moi perigosa para os peóns que transitan pola zona e que teñen que cruzala para acceder ao centro de saúde ou ao núcleo de Cervo”.
OBRA “NECESARIA”
Engadiu que se trata dunha infraestrutura “necesaria” para mellorar a seguridade dos viandantes.