IniciosociedadeSan Cibrao xa escoita os cantos de serea da Maruxaina

San Cibrao xa escoita os cantos de serea da Maruxaina

A organización desvelou o programa da trixésimo cuarta edición da cita, declarada de Interese Turístico Galego e que se celebrará o vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

San Cibrao encara unha das semanas máis especiais do ano coa celebración da Maruxaina, festa declarada de Interese Turístico Galego que cumprirá o vindeiro sábado a súa trixésimo cuarta edición.

A organización deu a coñecer o programa dos festexos, que comezará o xoves coa presentación do libro ‘María na busca da liña do horizonte‘ de Esther López Castro. Será ás 20.00 horas, no Museo do Mar.

Na véspera coñecerase o Maruxaino de Honra 2019 despois dunha degustación de bolos preñados e empanadas na Prazoleta.

O sábado será o día grande, cos xantares na praia, os xogos maruxainos (19.00 horas), aperitivos do desembarco (23.00) e xuízo popular á ninfa. A continuación degustarase queimada a ritmo de Arizona e La Bamba.

AUTOBUSES DESDE RIBADEO

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Cibrao con motivo da celebración da Maruxaina. Os autocares farán saídas desde a propia vila ribadense, Barreiros e Foz.

O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17.00 horas e o segundo ás 21.00 horas, facendo paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05.00 e o outro ás 07.00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de dez euros por persoa.

A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas ou a través do número de teléfono 676.44.54.65.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...