Iniciosociedade"Rinse da Mariña; deixan xente nos apeadoiros deliberadamente"

“Rinse da Mariña; deixan xente nos apeadoiros deliberadamente”

A plataforma polo ferrocarril acusa a Renfe de "suprimir servizos, retrasar alternativas e negar información" para "expulsar aos clientes"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe está a “deixar xente tirada nos apeadoiros”. Segundo o colectivo, hai usuarios que aseguran que o operador ferroviario ordenou en varias ocasións aos autobuses de transporte alternativo ás cancelacións só acceder ás estacións. “Estanse rindo de Ferrolterra, Ortegal de da Mariña”, aseguran desde a agrupación, que acusa á empresa de “suprimir servizos e retrasar alternativas deliberadamente e de negar a información da que dispón”.

este venres, o bus alternativo ao servizo ribadeo-ferrol chegou media hora despois da saída do tren

A plataforma advirte de que este venres, o servizo Ribadeo-Ferrol fíxose por estrada e con 30 minutos de retraso. A razón da supresión da liña, segundo asegurou o operario ferroviario aos usuarios, foi a falta de material rodante. O colectivo na defensa do ferrocarril pregúntase “por que o transporte alternativo chega tan tarde se Renfe sabía que non ía poder ofrecer o servizo”.

RIBADEO-ESPASANTE, 70 MINUTOS DE RETRASO

José Antonio Canoura ía coller este venres o tren que sae de Ribadeo ás 15.00 horas con destino Ferrol, despois dunha visita á vila. Logo de que o autobús o recollera 30 minutos despois da hora estipulada para saír o tranvía, chegou a Espasante, o seu lugar de residencia, ás 17.30, unha hora e dez minutos máis tarde do previsto.

“quenes queiran ir traballar, estudar ou ao médico non se poden fiar do tranvía”, di un usuario

Así non hai maneira. Pasan de todo e quen queira ir traballar ou estudar non se pode fiar deste servizo. Quen se pode permitir chegar con hora e dez de retraso?”, inquire. Canoura utiliza a liña para acudir a consultas médicas en Ferrol, o que en ocasións tráelle problemas. Pero non lle queda alternativa dado o escaso servizo de autobús que hai en Ortegal.

O cliente viaxou desde Espasante cara Ribadeo pola mañá no tren, traxecto no que coincidiu con usuarios de Ferrol recollidos por Renfe en taxi ata Ortigueira, onde tomaron o tranvía.

DESDE O DÍA 25, CATRO LIÑAS CANCELADAS

A plataforma polo ferrocarril sinala que desde o pasado día 25 non circulou ningún dos seguintes servizos: Ferrol-Ortigueira das 13.00 horas, Ortigueira-Ferrol das 15.05, Ferrol-Cerdido das 20.00 e Cerdido-Ferrol das 21.40 horas.

A habitual supresión de servizos agravouse esta semana ao incendiarse unha unidade en MoecheSegundo os datos do colectivo, o promedio é de 3-4 averías diarias, o que se explica “pola falta de mantemento”.  

A plataforma critica tamén que a moitas das cancelacións ocorran por escaseza de material cando “se adxudicou a reforma de oito unidades 2400 hai seis meses, e só unha delas está en funcionamento. Renfe incumpre reiteradamente o compromiso entregado por escrito á Xunta de Galicia e aos alcaldes de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña”, asegura. Así, o colectivo pregúntase: “se todo isto non é expulsar aos clientes do servizo, como se pode denominar?”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...