IniciosociedadeConta atrás para As San Lucas "máis internacionais", do 17 ao 20...

Conta atrás para As San Lucas “máis internacionais”, do 17 ao 20 de outubro

A comisión presenta o cartel das feiras e festas, obra de Xosé Vizoso, e adianta que o programa reforzará a dimensión do evento como "encontro de culturas"

Publicada o

- Advertisement -

A asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas avanzou este xoves que ten a intención de “internacionalizar” a celebración, que será “un encontro de culturas”.

O presidente do colectivo, Miguel Souto, presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras máis antigas de Galicia, que terá lugar entre os días 17 e 20 de outubro desde 2019.

A asociación, coa colaboración da veciñanza e das administracións, está a perfilar unha programación que ten como obxectivo “internacionalizar as nosas festas”.

Souto afirma que o cartel, obra do artista mindoniense e Fillo Predilecto do municipio, Xosé Vizoso“representa moi ben o programa que queremos facer nesta edición. É sabido que As San Lucas teñen a súa orixe no mundo do cabalo e que se desenvolveron co transcorrer dos anos arredor dun amplo programa de actividades, musicais e festivas, culturais e literarias. As feiras fan de Mondoñedo un lugar de encontro de culturas e este ano será así aínda máis”, adianta.

A CAPA, OUTRA “OBRA DE ARTE”

O presidente do colectivo agradece “a implicación” do mestre, que elaborou “unha nova obra de arte”. O cartel deste 2019 representa a entrada dos cabalos na Praza da Catedral, un dos momentos centrais dos festexos, e músicos tocando diferentes instrumentos sobre a balaustrada do monumento, “moitos deles dos usados na interpretación da música celta como son a gaita, a arpa ou o violín”.

DESDE O 1.156

As San Lucas celébranse anualmente desde o 1.156, polo que este ano cumpren a súa 863 edición, nun evento que une, sostén Souto, “feira, historia, cultura e tradición”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...