IniciosociedadeLlano pregunta ao BNG se suxire "ilegalidades" para cubrir o servizo de...

Llano pregunta ao BNG se suxire “ilegalidades” para cubrir o servizo de socorrismo

O rexedor en funcións ve "mala intención" nas críticas dos nacionalistas tras non aceptar o Concello unha solicitude para vixilante que se realizou "fóra de prazo"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, esixiu este xoves “unha rectificación” ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), que atribuíu ao Concello que a praia de Ril “estea parcialmente descuberta” trala baixa definitiva dun socorrista.

Llano acusou ao BNG de “mala intencionalidade” ao Bloque ao afirmar que o goberno local rexeitou aspirantes a socorristas. “Hai que ter moito valor para dicir isto ou moita desesperación por chamar a atención”, asegurou o rexedor en funcións sobre o voceiro dos nacionalistas, Mario Pillado.

O alcalde explicou que “houbo un caso dunha persoa que chegou tarde e non puido entrar en prazo, polo tanto se non é así non cumpre as condicións que se determinan para ser socorrista no noso concello”. Así, Llano pregunta a Pillado se quere que o executivo municipal “faga ilegalidades. Que o diga textualmente, que pasa de toda a regulamentación”, agregou.

Ante as acusacións de desinterese por parte da formación frontista, Llano salientou que “estivemos preocupados de buscar xente, de forma case persoal, que quixera participar no proceso de selección para ser socorrista, recorremos ao boca a boca”.

CURSOS FORMATIVOS

O rexedor burelao reiterou que tanto o Concello como a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense están a “dar pasos” para organizar cursos formativos do título homologado de socorrista. Iso é o que hai que ir facendo e non poñendo trabas nin confundindo á xente”, rematou.

ALUSIÓN A BARREIROS

O rexedor instou a Pilllado a que “traballe” e mesmo aludiu aos problemas doutro Concello, neste caso de goberno nacionalista, o de Barreiros, co servizo de socorrismo, para cuestionar que o BNG “sexa agora o punto de referencia de facer ben as cousas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...