IniciosociedadeBarreiros asesorará ás mulleres para previr ou afrontar a violencia machista

Barreiros asesorará ás mulleres para previr ou afrontar a violencia machista

O programa 'Enténdote, colle a miña man' inclúe charlas e talleres do 19 ao 23 de agosto, pensadas tanto para vítimas como persoas que queiran evitar casos ou axudar a outras persoas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros anunciou este venres que organizará un programa de talleres e charlas para educar en prevención de estereotipos de xénero e axudar a aquelas vítimas de violencia machista que o precisen, pero tamén a aquelas persoas interesadas en apoiar a quen padece a esta lacra. 

O plan ‘Enténdote, colle a miña man‘, organizado dende a concellería de Igualdade do Concello de Barreiros coa colaboración de Mujeres en Igualdad de Burela e a Xunta de Galiciaestá destinado a mulleres maiores de idade.

Durante catro días trataranse temas como o traballo en igualdade e a prevención, información ou asesoramento sobre a violencia de xénero.

Autoestima, motivación ou mesmo orientación para a inserción laboral tamén se abordarán nas sesións.

A PRESENTACIÓN, O LUNS

A xornada de presentación celebrarase o vindeiro  luns no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 11.00 horas. As conferencias e talleres serán na semana do 19 ao 23 de agosto, en horario de 10.00 a 12.00 horas no mesmo lugar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...