Un grupo de compañeiros de traballo de Emilio González Legaspi celebrou co profesor a súa xubilación despois de 38 anos de exercicio da actividade docente.
Logo dunha longa etapa no Colexio Público de Cervo, centro no que exerceu como director, González Legaspi rematou a súa etapa profesional no Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) Marqués de Sargadelos, en San Cibrao.
O convite tivo lugar no Pazo da Trave de Galdo, no que o docente celebrou este emotivo momento cos seus compañeiros, que lle desexan o mellor no futuro.