Emilio González Legaspi xubílase tras 38 anos de docencia

O profesor desfrutou dunha comida no Pazo da Trave cos seus compañeiros do IES Marqués de Sargadelos

Celebración da xubilación de Emilio González Legaspi. AXM

Un grupo de compañeiros de traballo de Emilio González Legaspi celebrou co profesor a súa xubilación despois de 38 anos de exercicio da actividade docente.

Logo dunha longa etapa no Colexio Público de Cervo, centro no que exerceu como director, González Legaspi rematou a súa etapa profesional no Instituto de Ensinanza Secundaria (IESMarqués de Sargadelos, en San Cibrao.

O convite tivo lugar no Pazo da Trave de Galdo, no que o docente celebrou este emotivo momento cos seus compañeiros, que lle desexan o mellor no futuro. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here