IniciosociedadeO BNG reclama ao Concello "alternativas" para o peche da grada principal...

O BNG reclama ao Concello “alternativas” para o peche da grada principal da Marosa

Os nacionalistas piden unha solución "para o uso dos vestiarios e almacéns" das instalacións

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela esixe ao goberno local “solucións alternativas” ante o peche da grada principal do campo de fútbol de A Marosa, que se atopa nun estado de deterioro.

O voceiro dos nacionalistas, Mario Pillado, asegura que no tocante ás instalacións “existen dous frentes abertos”, un relativo á situación da grada na que se atopan os vestiarios do propio campo de herba natural, “da que caen cascallos e na que se observa a acción corrosiva da salitre. Trátase dunha urxencia que o Concello ten que solucionar, dando saída á SD Porto de Burela, posto que se trata dunha instalación municipal”, sostén.

“Según nos informaron existe un informe que avala o peche da grada, documentación que xa solicitamos ao Concello para o seu análise. Pero isto non pode quedar só no peche da grada, o que conlevaría a inutilización tamén dos vestiarios e almacéns do club, ten que haber unha solución alternativa mentres non se arranxa a grada para que podan traballar con normalidade”, sinalou Pillado.

“FALTA DE MANTEMENTO”

A formación frontista atribúe este deterioro “á falta de mantemento. É algo vergoñento que o concello teña unha persoa contratada para coidar do campo de herba natural e exista un contrato cunha empresa externa para o campo de herba artificial, para logo ter as instalacións totalmente abandonadas: portas que caen, o peche erosionado e roto, non se repoñen nin as redes, pintura por riba do óxido… Non se pode entender”, argumenta o voceiro do BNG.

Pillado expón que solicitou “acceso ó contrato de mantemento que se formalizou cunha empresa externa, para velo grado de cumplimento do mesmo”.

INFORME

Segundo expuxo o alcalde, o socialista Alfredo Llano, en declaracións a El Progreso, o executivo municipal está á espera dun informe que especifique as actuacións a realizar para daquela buscar financiamento, sendo consciente de que a reforma podería requerir de máis dunha anualidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...