IniciosociedadeO goberno de Barreiros avanza que o "burato económico" herdado esixirá control...

O goberno de Barreiros avanza que o “burato económico” herdado esixirá control do gasto e máis ingresos

O executivo local barreirense fixo público un informe de intervención que certifica "o incumprimento de todas as magnitudes orzamentarias" no último ano da pasada lexistura

Publicada o

- Advertisement -

O servizo de intervención advirte dunha “situación complicada” da economía de Barreiros e recomenda ao executivo local “tomar medidas drásticas de control e redución do gasto, tanto corrente como de investimento”.

Así, o sinala no informe que acompaña á Conta Xeral de 2018, analizado este luns nunha comisión informativa. O recén estreado goberno local ven de facer público o estudo que certifica “o incumprimento de todas as magnitudes orzamentarias” no último ano da pasada lexistura.

ANUNCIAN MEDIDAS PARA REVERTIR A SITUACIÓN

O novo executivo considera que o informe “ratifica que a política de gasto descontrolado que se estaba a levar a cabo ata maio foi atendendo a criterios puramente electorais e esquecendo os intereses xerais” e lamenta que “por causa do despilfarro do anterior goberno, nos vexamos nunha situación complicada que requirirá a adopción de medidas.”

A alcaldesa Ana Ermida expuxo que “o burato económico que atoparon dificulta enormemente o funcionamento, mesmo diario, desta administración” e avanzou que, máis aló do control do gasto, “será preciso tomar algunha medida importante para o incremento dos ingresos“.

Desde o goberno municipal sinalan que “estudarán as medidas a tomar e que procurarán que as mesmas non recaian de xeito xeral sobre as veciñas e veciños, que levan anos sufrindo o descontrol económico no municipio”.

A Conta Xeral de 2018 someterase a aprobación no pleno do vindeiro mes de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...