- Advertisement -
A organización da Feira de Artesanía de Viveiro deu a coñecer os gañadores do concurso da trixésimo sexta edición do evento, que se celebra estes días nos xardíns de Noriega Varela.
MELLOR PEZA
O premio á mellor peza, dotado con 100 euros, foi para Feitizo, cunha creación feita con cravos de ferrar.
MELLOR STAND
O posto número 9 da feira, Xakarandá, resultou gañador do galardón ao mellor stand, cun premio de 200 euros.
XURADO
O xurado estivo formado por El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal da Mariña, a concelleira de cultura, a presidenta da asociación Proa e un artesán orfebre de Lugo que non participa na feira deste ano.
SEGUE ABERTA
A feira continúa aberta cun total de 30 marcas, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 22.30 horas. Podes consultar aquí o programa completo e a nómina de artesáns que participan.