IniciosociedadeFalece aos 64 anos Roberto Álvarez, alcalde de Cervo entre 1987 e...

Falece aos 64 anos Roberto Álvarez, alcalde de Cervo entre 1987 e 1999

Recibirá sepelio na tarde deste sábado no municipio asturiano de Gozón, de onde procedía

Publicada o

- Advertisement -

Na madrugada dun día especial para os cervenses, de celebración do patrón da parroquia, San Roque, faleceu o ex alcalde (entre 1987 e 1999) de Cervo Roberto Álvarez Fernández, aos 64 anos e por mor dunha enfermidade.

O enterro será este sábado (17.30 horas) en San Martín de Cardo, a fregresía asturiana de Gozón, muncipio onde se criou e viviu os últimos anos da súa vida. A capela ardiente de Álvarez Fernández foi instalada no Tanatorio Las Arenas, en Luanco.

Álvarez, do PSdeG-PSOE, traballou como operador de control do complexo industrial alúmina-aluminio de Inespal (posterior Alcoa), posto ao que regresou ao remate da súa carreira política.

Foi concelleiro socialista na oposición desde 1983, como segundo dunha lista que liderou Ismael Rego, con quen formou unha sociedade política que levou ao socialismo ao poder no municipio cervense.

Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura á alcaldía de Cervo, sendo investido como rexedor grazas a un pacto de goberno con Esquerda Galega. No 1991 obtivo a maioría absoluta, que revalidou no 1995.

Foi deputado no Congreso durante unha breve etapa (1995-1996), en substitución de Ventura Pérez Mariño. Nese mesmo 1995, a Xunta de Galicia deu luz verde tras anos de polémica á segregación de Burela, desde entón un novo municipio da Mariña Lucense.

No 2003, Álvarez foi denunciado por malversación de fondos públicos e prevaricación polo Partido Popular (PP) de Galicia, en relación coa adxudicación do plan de asfaltados Placer, delito do que foi absolto pola Audiencia Provincial de Lugo no 2005.

TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL

A corporación municipal amosou publicamente a través dun comunicado as súas condolencias aos familiares e amigos de Álvarez.
Ademais, informou de que se acordou arriar a bandeira do municipio tres días, entre as 13.00 horas deste venres 16 de agosto ata as 13.00 horas do luns 19 de agosto, como homenaxe ao falecido; durante ese tempo a bandeira permanecerá con crespón negro.

PSOE: “UN TRABALLADOR INCANSABLE”

A deputada parlamentaria Patricia Otero expresou o “fondo pesar” no seo do PSdeG-PSOE polo falecemento de Álvarez, “un traballador incansable” e “socialista exemplar”.

REGO: “UN REFERENTE” CANDO A DEREITA “ERA HEXEMÓNICA”

Rego, ex tenente de alcalde de Cervo e ex deputado parlamentario socialista, defíneo como “unha persoa moi inquieta e comprometida, esixente con el mesmo e cos demais. Foi un dos alcaldes que deixou maior pegada no municipio e tamén na Mariña Lucense“, asegura. “Foi un referente dos que marcan o paso nun momento no que o socialismo non era para nada hexemónico nesta bisbarra, senón que o era a dereita”, resume.

“Cos seus acertos e erros”, expón Rego, “fixo unha xestión brillantísima no tocante a infraestruturas, cun afán de cubrir todas as necesidades que había. Pódese falar dunha piscina municipal olímpica, do auditorio municipal de Burela ou dunha das primeiras estacións intermodiais, que tivo esta vila, ou doutros equipamentos, pero eu quédome con cousas pequenas, como que o concello de Cervo tivo un dos primeiros centros de drogodependencia de Galicia ou con que foi principal facedor dunha xuntanza en Sargadelos entre os Gobernos de Asturias e da nosa comunidade da que xurdiu o proxecto da Autovía do Cantábrico“, sinala.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...